O delegado territorial da Xunta en Ourense Gabriel Alén recibe á presidenta de Atox Ourense

  • O delegado territorial animou ao representantes da entidade a seguir traballando na planificación e ordenación de actuacións que atallen os múltiples problemas no uso e abuso de drogas e outras adiccións; tarefas para as que  contan coa total colaboración e  compromiso do Goberno galego

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, recibiu esta mañá á presidenta da Asociación Ourensá de Axuda ao Toxicómano, Zaida Varela, a quen agradeceu o labor que esta entidade está a levar a cabo en Ourense.

O representante do Goberno galego, que está a manter unha rolda de contactos cos distintos axentes económicos e sociais da provincia, aproveitou a xuntanza para escoitar de primeira man as actividades e programas nos que esta asociación está a traballar a prol de solucionar os problemas ocasionados polo consumo de drogas e de por en funcionamento iniciativas para atender ós grupos de persoas inmersos nesta problemática.

AVANTAR ACTIVIDADES

O delegado territorial animou ao representantes da entidade a seguir traballando na planificación e ordenación de actuacións que atallen os múltiples problemas no uso e abuso de drogas e outras adiccións; tarefas para as que  contan coa total colaboración e  compromiso do Goberno galego.