O delegado territorial da Xunta en Ourense Gabriel Alén reúnese co alcalde de Trasmiras

  • O novo representante do Goberno autonómico analizou co rexedor do municipio os temas relacionados coa administración autonómica

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén Castro, continúa coa súa rolda de encontros institucionais tras tomar posesión como novo representante da administración autonómica na área territorial.

Nesta ocasión, reuniuse co alcalde do concello de Trasmiras, Emilio Pazos, co que analizou as principais demandas deste municipio en relación á administración autonómica.

AVANTAR ACTIVIDADES

Gabriel Alén tivo a ocasión de analizar xunto ao seu rexedor temas prioritarios para o municipio en materia de abastecemento, deportivos e infraestruturas agrarias, entre outros.

Así, durante a xuntanza fixeron repaso dos grandes proxectos e necesidades que dependen da Xunta de Galicia.