O Psoe celebra que o goberno central dote dunha unidade de documentación no Barco de Valdeorras

O PSdeG-PSOE de Ourense celebra o compromiso acadado polo goberno central que encabeza o PSOE e que cubrirá por fin unha demanda histórica de O Barco e toda a comarca de Valdeorras como é a apertura dunha oficina para a realización de trámites relacionados co DNI e que fará que os veciños e veciñas da comarca deixen de ter que desprazarse ata Monforte, Ourense e Ponferrada para realizar estas xestións. Os socialistas destacan o “compromiso real” do Goberno de Pedro Sánchez con Ourense tras “décadas negras de abandono e desleixo” do Partido Popular na provincia.

Os socialistas amósanse moi críticos coa deputada ourensá dos populares, Ana Belén Vázquez Blanco, a que acusan de “tentar apropiarse” dunha iniciativa levada a cabo polo Goberno do PSOE e dunha demanda histórica dos socialistas de Valdeorras que levan moitos anos loitando porque esta oficina fose unha realidade. Dende o PSdeG-PSOE de Ourense denuncian que a deputada do PP “recuperou a voz, tras anos calada mentres o seu partido deixaba de lado á provincia” e pídenlle que teña “vergoña para non apropiarse das iniciativas doutros e tentar colgarse medallas que non lle corresponden”.

AVANTAR ACTIVIDADES

Dende o PSOE ourensán lémbranlle a Blanco que fai catro anos esta iniciativa levouse o Senado, onde o PP votou en contra, “a pesar de que nese momento se atopaba de senador un veciño da comarca como é Avelino García Ferradal, que levantou a man para amosar a súa desconformidade coa creación da oficina de DNI en O Barco”. Unha situación que a Vázquez Blanco “quere ocultar, pero que foi un grande agravio do PP a comarca de Valdeorras”, manifestan os socialistas.

Dende o seno socialista lembran que esta nova oficina foi unha iniciativa levada a cabo polo alcalde de O Barco, Alfredo García, que foi que retomou as xestións trala negativa do PP e co apoio de sindicatos e responsables galegos da Policía Nacional, acadou este compromiso.