Un incendio calcinou unha casa en Anllo onte pola noite

IES CHAMOSO LAMAS

Pasadas as 21:00 horas de onte, os veciños de Anllo, en San Amaro, alertaban ós bombeiros a causa dun incendio declarado nunha vivenda familiar. O domicilio atopábase rehabilitado e baleiro no momento no que comezaron as lapas, xa que o seu propietario reside habitualmente en Vigo e abandoara a casa esa mesma tarde. As lapas calcinaron a totalidade da edificación e non se lamentaron danos humanos. Ata o lugar desprazáronse tres dotacións de bombeiros do Carballiño e O Ribeiro.