Galicia xa administrou máis de 20.000 vacinas das 37.555 recbidas

España administrou máis de 200.000 das preto de 750.000 que ten o Ministerio de Sanidade. Polo de agora, a única vacina que se está administrando no noso país é a de Pfizer, aínda que a de Moderna, xa aprobada, podería chegar na próxima semana. Asturias é a comunidade que máis doses en porcentaxe administrou, cun 60,7%. Ceuta tamén está á cabeza da lista, cun porcentaxe de vacinación do 57,3%. E Galicia é a terceira, ca administración de 20.265 doses das 37.555 que recibiu. Na xornada de hoxe, os equipos de vacinación do CHUO achegáronse ata as residencias de maiores do Irixo, o Asilo do Carballiño e á Casa Grande de Maside e ó Fogar Residencial de Dacón.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, sinalou hoxe que previsiblemente se tome a decisión de blindar estas residencias e suspender as visitas ata que non se logre vacinar a todos os usuarios e traballadores. Segundo os prazos da Xunta, estímase que se consiga a inmunización dos residentes a finais de xaneiro.

AVANTAR ACTIVIDADES