O PSOE advirte do uso do punto limpo de Ribadavia sen autorización

O PSdeG-PSOE de Ribadavia denuncia o que considera unha “nova chapuza” levada a cabo polo goberno municipal do Partido Popular coa construción do punto limpo. Os socialistas denuncian que se está empregando o mesmo de forma “irregular e perigosa”, xa que non conta coa licencia de actividade da Xunta de Galicia para a súa posta en funcionamento e os informes da Deputación de Ourense sobre a obra son “demoledores”. Nunha visita do PSOE á zona puideron comprobar que no punto limpo xa se almacenan numerosos colchóns e outros materiais sen que o mesmo este aberto.

O informe da Deputación de Ourense a co que tivo acceso o PSdeG-PSOE de Ourense non autoriza o acceso a OU-0305 dende o punto limpo de Ribadavia, sito na localidade de A Foz. Trátase dunha estrada propiedade do ente provincial, que no informe deixa claro os motivos polos que non se pode acceder dende a estrada. Non se emprega o vehículo patrón de instrución axeitado, que sería un camión articulado de 16.50 m. Tampouco están calculadas axeitadamente as distancias de visibilidade, nin se define a sinalización a empregar. O informe tamén manifesta que non se limitan os movementos que non poden realizarse por non ter a distancia visible necesaria e subliña tamén a negativa por ter a entrada coas manobras de vehículos pesados impedindo o paso de autos o punto limpo, que deberán esperar na estrada provincial.

AVANTAR ACTIVIDADES

Dende o Grupo Municipal Socialista consideran que o lugar para esta actividade “non é a idónea”, que “supón un perigo para a circulación” e lembran que durante os anteriores mandatos, con gobernos do PSOE sempre se enfocou que o punto limpo debería estar no parque empresarial xa que “sabiamos que os camións de grandes dimensións non poden entrar e saír nesa curva na que se construíu xa que é un perigo total”.

O líder dos socialistas da capital do Avia apunta tamén que o Concello de Ribadavia “debe ter unha ordenanza que regule como se vai utilizar o punto limpo, pero tampouco existe”.