Ourense encadea a sexta xornada de ascenso, con 75 casos novos

Os hospitais manteñen a capacidade de anteción, aínda que a maioría pasa a enfermidade no domicilio.

Nas últimas 24 horas a comunidade galega conta con 535 positivos novos de SARS-CoV-2, facendo que, incluso restadas as altas, os datos totais pasen ós 6.889, unha cifra que ascendeu con respecto a onte, aínda que en menor medida. A presión asistencial ascendeu. Hoxe hai 63 (+6) persoas na UCI, e 350 (-12) ingresados.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hoxe rexístrase unha nova subida de casos. Contamos con 75 casos novos confirmados por PCR. Restadas as altas, a cifra sobe en 54 casos activos con respecto a onte, ata os 818 casos, encadeando o quinto sexto consecutivo de ascenso. Os ingresos nos hospitais mantéñense estables, contando hoxe cas mesmas cifras ca onte, 32 (=) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; delas, 2 están na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES