Sanidade eleva a nivel medio alto á cidade de Ourense, con peche perimetral

O subcomité clínico que avalía a evolución do virus na comunidade galega reuniuse hoxe para falar da evolución de contaxios logo destas datas de Nadal. Galicia está nunha situación de crecentes contaxios pero non exponencial. Atópase por debaixo da media española en canto a incidencia acumulada e taxa de positivos por PCR. As sete ciudades galegas incrementaron os casos nesta semana. Santiago e A Coruña son as máis preocupantes.

No caso da cidade de Ourense, o incremento de casos, cunha incidencia acumulada de 217 dende esta semana, leva ó comité a pasala a nivel medio alto. As medidas que acompañan a este nivel son a apertura da hostalaría en 30% en interiores e 50% en exteriores, e con horario límite ata as 18:00 hora e a limitación das reunión a catro persoas. Ademais, este nivel de medidas implica o peche perimetral tanto da cidade de Ourense coma Barbadás. O próximo martes, o comité reunirase de novo, e xa estudan establecer restricións na hostalaría de toda a comunidade galega.

AVANTAR ACTIVIDADES