Seguimos mal no Carballiño. Hoxe tres casos activos máis por covid para un total de 23

O Carballiño retoma a suba de contaxios. Nos últimos días os datos balanceáronse entre os 11 e os 14 contaxiados, onte subían ata os 20 e hoxe rexístrase un incremento de tres casos, para facer un total de 23 persoas contaxiadas. A comarca sobe os casos totais coma consecuencia, ascendendo ata os 35.

No día 15 de decembro solo tiñamos 5 casos activos no Carballiño e 16 no total da comarca.

AVANTAR ACTIVIDADES

O foco preocupante, pola idade dos pacientes, segue na residencia da Virxe da Saleta, en San Cristovo de Cea, co segundo brote rexistrado neste centro que se iniciou xa fai quince días e que a día de hoxe xa baixou ata os 7 casos activos, que se manteñen hoxe igual ca onte estables.

O Irixo mantén os dous contaxiados logo de levar semanas sen ningún caso. Piñor mantén un único contaxiado e Punxín segue con un positivo rexistrado . 

Bibrás ten hoxe un caso activo e xa solo quedan sen casos Maside, Beariz, e San Amaro.