Espazo Común critica a xestión do goberno local con respecto ás axudas para empresas e autónomos derivadas da covid

Espazo Común critica a xestión do goberno local con respecto ás axudas para empresas e autónomos derivadas da covid, das que só se entregou o 60% do diñeiro presupuestado.

VIDEO con intervención de Adolfo Nogueira

AVANTAR ACTIVIDADES

A formación de Espazo Común comparecía este venres en rolda de prensa para facer unha valoración sobre o procedemento de concesión de axudas derivadas da covid. En numerosas ocasións amosaron o seu descontento tanto pola tardanza en outorgarse coma polas causas da denegación de moitas delas.

Aseguran que son moitos os comerciantes que se dirixiron a eles para amosarlles o descontento pola causas polas que se lles denegou a axuda. A formación asegura que se están chamando a atención sobre os erros destas axudas e pola segunda oferta de subvencións que se van a sacar nos próximos meses, para “evitar que se cometan os mesmos erros”, segundo sinalan.