Hoxe dous casos activos por covid máis no Carballiño. O índice por 100000 habitantes xa esta en 177

coronavirus

O Carballiño retoma a suba de contaxios. Nos últimos días os datos balanceáronse entre os 11 e os 14 contaxiados, onte subían ata os 23 e hoxe rexístrase un incremento de dous casos, para facer un total de 25 persoas contaxiadas. A comarca sobe os casos totais coma consecuencia, ascendendo ata os 37.

AVANTAR ACTIVIDADES

No día 15 de decembro solo tiñamos 5 casos activos no Carballiño e 16 no total da comarca.

O foco preocupante, pola idade dos pacientes, segue na residencia da Virxe da Saleta, en San Cristovo de Cea, co segundo brote rexistrado neste centro que se iniciou xa fai quince días e que a día de hoxe xa baixou ata os 7 casos activos, que se manteñen hoxe igual ca onte estables.

O Irixo mantén os dous contaxiados logo de levar semanas sen ningún caso. Piñor mantén un único contaxiado e Punxín segue con un positivo rexistrado . 

Boborás ten un caso activo e xa solo quedan sen casos Maside, Beariz, e San Amaro.