Proposta de normalización da toponimia das parroquias e lugares do Irixo

Xulio Dobarro Ferradás.  Profesor xubilado e veciño do Irixo

ACTUAL SEGUNDO O NOMECLÁTORPROPOSTA
CAMPO (SANTA MARÍA) SANTA MARÍA DO CAMPO
  O ABANICO[1]
BAXÍN BAXÍN
AS CAMPINAS AS CAMPINAS
O CARDEDO O CARDEDO
CASARES CASARES
A CONDOMIÑA A CONDOMIÑA
A ESFARRAPA A  ALFARRAPA/ A ESFARRAPA
A ERMIDA A ERMIDA
A ESTACIÓN A ESTACIÓN
A FILGUEIRA A FILGUEIRA
O IRIXO A PONTE /A PONTE IRIXO?[2]
IRIXO DE ARRIBA IRIXE[3]
LAÍÑA A LAÍÑA
A LAMA A LAMA
MARNOTES MARNOTES
MENAZ MENAZ
OROSA OROSA
PORTO DA VEIGA O PORTO DA VEIGA
REGUEGA A REGUEGA
O TELLADO DO CAMPO O TELLADO
VILA VILA
CANGUES (SANTO ESTEVO) SANTO ESTEVO DE CANGUES
CANGUES CANGUES
O CASAR O CASAR
  COUSO
A CIDÁ (SANTA MARIÑA) SANTA MARIÑA DA CIDÁ
OS CASARES OS CASARES
NABÁS NABÁS
ORROS ORROS
PAREDES PAREDES
VALDESOIRO VALDESOIRO
   
CORNEDA (SANTIAGO) SANTIAGO DE CORNEDA
CAMPELIÑOS CAMPELIÑOS
COUCIEIRO O CONCIEIRO
ENFESTA A ENFESTA
GUIMARÁS GUIMARÁS
  A IGREXA?
MATELO MATELO
OUTEIRO OUTEIRO
PEDRIÑA A PEDRIÑA
SOUTELIÑO SOUTELIÑO
VILAMEÁ VILAMEÁ
O VISO O VISO
SAN COSMEDE DE CUSANCA (SAN COSMEDE) SAN COSME DE CUSANCA
  O BALUARTE[4]
BARRO BARRO
O BARROCAL O BARROCAL
  AS CALES
  O CARBALLAL
O CASTRO O CASTRO
A COSTA  A COSTA
O COTO O COTO
CUSANCA CUSANCA
CHELOS CHELOS
FABEIROS FABEIROS
FILGUEIRA A FILGUEIRA
  O FOXO
A FRAGA A FRAGA
A EIREXA A EIREXE
LAGORZOS LAGORZOS
O OUTEIRO (De arriba/De abaixo)? O OUTEIRO
PEDROUZO O PEDROUZO
O RÍO O RÍO
SEGADE SEGADE
SUEIREXA A SUEIREXE
SURRIBAS SURRIBAS
O TELLADO O TELLADO
VIXIDE VIXIDE
ZACARADE ZACARADE
DADÍN (SAN PEDRO) SAN PEDRO DE DADÍN
A BUGALLEIRA (De Arriba/De Abaixo)? A BUGALLEIRA
A CONDOMIÑA A CONDOMIÑA
DADÍN DADÍN
  AS LAXAS[5]
O ENFREADO O ENFREADO
SAAVEDRA SAAVEDRA
A SEARA A SEARA
ESPIÑEIRA (SAN PEDRO) SAN PEDRO DA ESPIÑEIRA?
CARBALLEDA CARBALLEDA
COUSO COUSO
ESPIÑEIRA ESPIÑEIRA
O ESPIÑO O ESPIÑO
MUNÍN MUNÍN
TRABAZÓN TRABAZÓN
FROUFE (SAN XOÁN) SAN XOÁN DE FROUFE
  A ALÉN
  O CAMPO DOS CARROS
CEBRAL CEBRAL
  A COVELA
O COVELO O COVELO
FRIXE FRIXE
FROUFE FROUFE
  A GUIXAVARA
PARTEME PARTEME
SIDRE SIDRE
SILVARES SILVARES
SURRIBAS SURRIBAS
SUBIROL SUBIROL
LOUREIRO (SANTA MARIÑA) SANTA MARIÑA DE LOUREIRO
ALEMPARTE A ALEMPARTE
ALÉN A ALÉN
OS AMIEIROS OS AMIEIROS
BARRO BARRO
LOUSADO LOUSADO
O QUINTEIRO O QUINTEIRO
RAMIL RAMIL
RIBAS RIBAS
A RÚA A RÚA
VALDUÍDE VALDUÍDE
PARADA DE LABIOTE (SAN XULIÁN) SAN XULIÁN DE PARADA DE LABIOTE
XIREI XIREI
NOGUEIROA NOGUEIROA[6]
PARADA PARADA
PREXIGUEIRO PREXIGUEIRO
REÁDIGOS (SANTA BAIA) SANTA BAIA DE REÁDIGOS
BARCIA A BARCIA
O CASAR O CASAR
CASTIÑEIRA  A CASTIÑEIRA
  FERRADÁS
FONTES FONTES
O OUTEIRO O OUTEIRO
RIBELA RIBELA
SANTISO SANTISO
O REGUEIRO (SAN PEDRO) SAN PEDRO DO REGUEIRO
CANDOSA A CANDOSA
CERDEIRA (DE Arriba/De Abaixo) CERDEIRA
ESPIÑEIROS OS ESPIÑEIROS
O PARAÑO O PARAÑO
AS ANTAS  AS ANTAS
   
   

[1]Aínda que recente, e castelanizado, podería ser incorporado ao Nomenclátor.

AVANTAR ACTIVIDADES

[2]A elección máis fiable sería a dada polo Catastro de Ensenada entre: Eyrijo de abaxo, Eyrijo de arriba e Puente Eirijo

[3] Xa que na actualidade é unánime este resultado, vén a substituír ao tradcicional “Eyrijo de arriba

[4]Tan moderno como a construción do ferrocarril Ourense-Santiago (inaugurado en 1958)

[5]Estase ignorando sistematicamente esta denominación e inclúese a efectos estatísticos na parroquia do Campo, baixo un único nome xunta coa Ponte en O Irixo.

[6]Na sinaléctica rotúlase como Nogueiroá, cando na fala local o resultado común é Nogueiroa

OBSERVACIÓNS: Constan en negriña os nomes das parroquias na súa forma simple segundo o IGE e o resultado na forma composta ao obxecto de ter presente a contracción co artigo cando este debe acompañar o topónimo.Isto é, “Santa Mariña da Cidá, pero, Santa Mariña de Loureiro”.

Na segunda columna recóllense todos os resultados que, ou ben deben ser corrixidos ou que, por unha ou otra razón, se botan en falta.Nese caso están todos os que aparecen en negriña.

Naqueles casos nos que tradicionalmente se viña mantendo a distinción entre dous núcleos como “Outeiro de Arriba e Outeiro de Abaixo” optamos por un único resultado: O Outeiro, o mesmo que no caso de “Cerdeira” ou “ A Bugalleira”. Si se mantén, loxicamente, a distinción entre lugares de distinta parroquia que co mesmo nome e próximos entre si vén sendo tradicional: “A Filgueira do Campo /de Cusanca”; “O Tellado do Campo/ de Cusanca”.

Ademais, introdúcese algún novo que, despois de bastante tempo vén sendo común entre a veciñanza: O Carballal,O Abanico; O Baluarte…E aqueles que deben ser salvados da súa extinción:As Laxas, O Foxo, Ferradás, A Guixavara… a pesar de que algúns deles xa consten como baleirados.

Nalgúns casos queda por determinar se prevalece a forma “culta” ou se lle dá prioridade ao resultado local: A Alfarrapa, O Concieiro, Sebirol, Nogueiroa, As Santas,etc.

Non entramos a analizar os aspectos teóricos que sobre a Onomástica (estudo dos nomes propios) e , en particular a Toponimia (os  nomes dos lugares) son utilizados como punto de partida para o seu estudo. Así, desde un punto de vista histórico poderiamos dicir que a maior parte dos topónimos anteriores son de orixe latina (Vila, A Ponte) aínda que hai algúns de orixe prelatina (celtas, Cusanca, Cangues), e uns cantos de influencia xermámica (Froufe, Guimarás), ningún de orixe árabe e outros que son  de orixe castelá, pero que chegado o caso fosen aceptados como “O Abanico”, “O Baluarte”..

Por outro lado, e tal e como mantén o profesor A. Santamarina, todos eles teñen unha motivación e en orixe todos son transparentes aínda que aquela se perda na noite dos tempos. Por iso se poden clasificar en: fitotopónimos (vexetación): Loureiro, Carballeda,..;  hidrotopónimos: A Barcia, O Río,; haxiotopónimos(santoral):Santiso; Orotopónimos: O Pedrouzo, O Coto, O Outeiro…

Podemos dicir que todo topónimo (maior ou menor) ten o seu ADN e o que debemos procurar é que non caian no esquecemento, é dicir, evitarmos o que  algúns expertos chaman “fósiles toponímicos”. Estamos a pensar , por exemplo, nos lugares baleirados: Ferradás, As Cales, O Foxo, A Alén de Froufe, Os Amieiros, Ramil, todos eles arruinados, e outros moitos que están ás portas de entrar nese despeñadeiro, sabendo que todos eles son un elemento fundamental do noso patrimonio inmaterial, porque nos informan das nosas raíces, e da nosa identidade como pobo.

            DAS ANTIGAS PARROQUIAS-CONCELLO A “O IRIXO” MODERNO

Unha consideración á parte é o nome do concello, O Irixo que, se ben na actualidade ninguén cuestiona outro resultado como corónimo ou colectivo para referirse a todo o territorio irixense e a ningún núcleo de poboación concreto  isto non debe ser razón para que o conxunto dos dous lugares, “A Ponte” e “As Laxas” se simplifiquen co nome “ O Irixo”, incluíndo ambos os dous na parroquia do Campo, cando, de feito e de dereito, se segue a manter a tradición e a historia de ambos os dous lugares como pertencentes cada un a unha parroquia distinta. 

 A documentación conservada, tanto de arquivos civís (Catastro de Ensenada, Dicionario Madoz, Apeos, etc.), así como outra de carácter eclesiástico, poñen de manifesto a denominación  de lugares como  “Irixo de Arriba”, “Irixo de Abaixo” e “Ponte Irixo”, de aí que perduren aínda na actualidade  e de xeito oficial  “Irixo de Arriba” por “Irixe” e que, tamén en tempos recentes, apareza a solución “A Ponte Irixo” para  “A Ponte”, froito do asentamento da casa do concello neste lugar, porque na fala local a solución que se impón é a de “A Ponte” sen cualificativos.

En síntese: o topónimo  “O Irixo”  é o resultado da simplificación que se fixo cando no primeiro terzo do século XIX se crearon os concellos (1835), despois da desaparición das antigas xurisdicións de Corneda, Pazos de Arenteiro e Orcellón, cuxas entidades menores eran as parroquias e lugares que algunhas daquelas  chegaron a ter a consideración de concellos, como foi o caso de Parada, Reádigos, Corneda e O Campo.

A parroquia era a unidade de xestión inmediatamente inferior á xurisdición,incluso nalgunha destas, como por exemplo na de Pazos de Arenteiro que administraba as parroquias de Cusanca, Readígos, A Cida e Dadín, cando se fan os “catastros” para as rendas,décimos, oficios, inventario de propiedades, etc. os nomes das aldeas son ignorados e se orgnizan todos os datos sen especificar a que aldea corresponden as persoas e as propiedades. Ou ata podía ser que algunha parroquia dependese de dúas xurisdicións como foi o caso da Cidá que tiña repartidos os veciños entre a de Orcellón e a de Pazos de Arenteiro.

Ademais, existían os “Partidos”, por exemplo, o de Saavedra, Cusanca ou Reádigos, que dependendo de Pazos tiñan uns puntos dentro das parroquias para recoller as rendas nas casa “Tulla”, a onde estaban obrigados os veciños a levar as rendas para despois ser trasladadas aos puntos centrais onde adminitradores e xuíces repartían e administraban xustiza (O microtopónimo conservado,  “A Forca”,no Concieiro, é un bo exemplo deses puntos sinistros). En Saavedra o microtoponimo vivente “A Suatulla” é unha boa proba da existencia desa casa tulla,da que aínda hoxe se conservan mostras evidentes.

 Se isto foi así para as parroquias dependentes de Pazos, non foi moi diferente o sucedido co resto das parroquias baixo a xurisdición de Orcellón, administrada polo Conde de Monterrey, que incluía non só as do Irixo actual senón tamén as que na súa maioría pertencen ao concello do Carballliño. Do que aínda na actualidade non hai unanimidade é en canto a saber con certeza onde estaba a antiga fortaleza de Orcellón,que, por exemplo o ilustre irixense, Emilio Duro Peña, sitúa en Méixome-Xendive, e outros máis recentemente a trasladan ata a contorna de Brués.

 En canto á información disponible sobre esta xurisdición á que pertencían: O Campo, Loureiro, A Espiñeira, Froufe e Cangues, tamén se daba a circunstancia de que parte dalgunha parroquia, por exemplo, na de Reádigos, o lugar de Santiso con capela propia, dependía da do Campo, que, á súa vez, era administrada polo monxes de San Salvador de Chantada, pero cedida eclesiásticamente ao bispado de Ourense, dada a mala admintración daqueles, que en palabras de E. Duro Peña se tiña convertido aquel mosteiro (dúplice/mixto) nun lupanar.

 O Catastro de Ensenada,en canto á identificación dos lugares, é máis preciso para esta xurisdición, e non só inclúe todo o referido a décimos, rendas, propiedades no conxunto da parroquia, senón que  aparecen desagregados os veciños, legos ou eclesiásticos,ordenados segundo os lugares de residencia.

Xulio Dobarro Ferradás. Decembro 2020.

——————————————————————————————–

Outros artigos de Xulio Dobarro

De Santo Estevo de Ribas de Sil con Emilio Duro Peña a María Oruña con o “Souto dos catro ventos”.