O delegado territorial da Xunta en Ourense Gabriel Alén recibe á decana do colexio de economistas de Ourense

  • Gabriel Alén interesouse polo traballo que este colectivo profesional está a desenvolver e sobre os servizos que ofrecen aos seus colexiados

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, dentro súa rolda de encontros institucionais trala toma de posesión como novo representante da administración autonómica na área territorial, recibiu esta mañá á Decana do Colexio de Economistas de Ourense, María del Carmen Sampayo.

Nesta primeira toma de contacto, Gabriel Alén interesouse polo traballo que este colectivo profesional está a desenvolver e sobre os servizos que ofrecen aos seus colexiados.

AVANTAR ACTIVIDADES

O Colexio de Economistas de Ourense, como corporación que agrupa principalmente aos economistas profesionais desta provincia, foi creado o 7 de outubro de 2004, e desde entón está ao servizo de toda a sociedade en xeral e do colectivo dos seus colexiados en particular.

Como institución representativa da profesión de economistas, esta corporación ten como principal obxectivo fomentar o seu desenvolvemento e velar para que a actividade profesional ofreza á sociedade as garantías suficientes de calidade e competencia.