A Xunta alerta dun episodio de temperaturas mínimas de nivel laranxa no sur da provincia de Ourense

Está tamén activada unha alerta amarela por temperaturas mínimas no suroeste da Coruña; na Mariña, centro e sur de Lugo; na zona do Miño en Ourense e Pontevedra e no interior da provincia de Pontevedra

A Xunta recorda a necesidade de extremar as precaucións, seguir as medidas de protección pertinentes e consultar a súa web www.axega112.gal

AVANTAR ACTIVIDADES

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta vén de activar unha alerta laranxa por temperaturas mínimas no sur da provincia de Ourense.

Segundo as estimacións da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), poderán alcanzarse no sur da provincia de Ourense -8 grados de temperatura. Está tamén activada unha alerta amarela por temperaturas mínimas no suroeste da Coruña, que pode acadar os -2 grados; no centro, sur e A Mariña lucense con valores entre -2 e -4 grados; e a zona do Miño en Ourense e Pontevedra así como o interior da provincia de Pontevedra onde se esperan temperaturas que poden acadar os -2 grados.

Co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos afectados, aos servizos provinciais de Protección Civil, e aos bombeiros, entre outros.

Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112, que conta con información meteorolóxica máis detallada e con enlaces de interese