O comité propón que a hostalería de toda Galicia peche ás 18 horas

O grupo de expertos que asesora a Sanidade opta por que todos os municipios de Galicia queden nos dous niveis máis altos de restricións, que implica ademais que as reunións se limitan a 4 non conviventes

O comité clínico opta por que toda a comunidade quede comprendida nos dous niveis máis altos de restricións, o que implica entre outras cousas que toda a hostalería galega peche ás 18 horas e que as reunións de non conviventes queden limitadas a catro persoas en todos os concellos.

AVANTAR ACTIVIDADES

Mañá coñeceranse máis detalles das decisións do comité, nunha comparecencia do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, prevista a partir das 11.30 horas.