Protección Civil entrega 902 quilos de alimento recolectado este Nadal

A agrupación local de protección civil do Carballiño fixo entrega no dia de hoxe de 902 quilos de alimentos que os veciños e veciñas do Carballiño entregaron nos supermercados da vila dende mediados de decembro no seo da campaña que todos os anos organiza a xefatura provincial de protección civil xunto ó banco de alimentos de Ourense. Do mesmo xeito, tamén se recolleron os alimentos depositados nos puntos ubicados en diferentes zonas do municipio, coma a caixa na entrada da casa do concello.

Dende a agrupación local agradecen a solidariedade dos veciños da vila nesta campaña de Nadal, unha campaña que todos os anos resulta un éxito de participación.

AVANTAR ACTIVIDADES