Acotío con Paco Fumega

Hoxe, no noso espazo de entrevistas Acotío, contamos ca presenza de Paco Fumega, alcalde do Concello do Carballiño. Neste encontro o rexedor fará un balance da actividade municipal no pasado ano, a pesar de verse interrompida pola pandemia. Ademais, falaremos tamén con el do proxecto dos orzamentos deste ano, que se atopa á espera da repartición de fondos estatais para poder completarse. No eido das inversións, o concello contará con 3 millóns de euros de fondos propios, ademais de varios proxectos fortes que serán financiados na súa totalidade. Por outra banda, Paco Fumega anunciou que próximo mércores reunirase co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para tratar temas coma a reforma do centro de saúde, e co Instituto de Vivenda e Solo para falar sobre a ampliación do parque empresarial.

VIDEO

AVANTAR ACTIVIDADES