A Xunta consensúa ca hostalaría galega o segundo plan de rescate fronte as novas restricións

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e a conselleira de Emprego e Igualdade, Maria Jesús Lorenzana, manteñen un encontro con representantes do sector da hostalería.

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda; o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña e a conselleira de Emprego e Igualdade, Maria Jesús Lorenzana, mantiveron onte un encontro de traballo coa Mesa negociadora da hostalaría de Galicia -na que están representados as asociacións provinciais desta actividade- para consensuar novas liñas de apoio aos establecementos nesta fase da pandemia.

Nesta reunión perfilaron o Segundo Plan de Rescate, que terá unhas características similares ao que se puxo en marcha a finais de ano, aínda que simplificaranse os requisitos para obtelo. A primeira convocatoria do Plan de rescate xa completou case o 80% dos pagamentos a más de 30.500 solicitantes que cumpriron cos requisitos, por un importe de 65 millóns de euros.

AVANTAR ACTIVIDADES

No que se refire concretamente á hostalaría, más de 14.700 negocios deste sector recibiron ata o de agora apoio económico directo da Xunta.

Fondo de cooperación Covid-19

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, manifestou que a Xunta de Galicia foi a primeira en inxectar liquidez aos negocios, pero faise necesario a implicación de tódalas administracións máis aló de cores políticas ou debates estériles sobre competencias.

Neste senso, tanto o Goberno galego como os representantes da hostalaría propuxeron abrir unha tripla fronte para paliar o impacto económico das restricións mediante un fondo de cooperación Covid-19 que conte coa participación da Xunta de Galicia, deputacións e os grandes concellos para salvar do peche ás empresas e autónomos da nosa comunidade, seguindo o modelo da comunidade autónoma de Valencia, onde a Generalitat aportará o 50% de dito fondo, as deputacións o 30% e os concellos o 20% restante.

O conselleiro de Sanidade, pola súa banda, explicou a situación actual da pandemia en Galicia, que xustifica a posta en marcha das medidas restritivas anunciadas hoxe para frear a preocupante incidencia actual dos contaxios.

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, lembrou que “cada medida reflexionada que o Goberno galego activa por recomendación sanitaria, vai acompañada de compromisos reais de apoio ás actividades afectadas”. “É prioritario agora evitar perigosas interaccións sociais que afecten á saúde dos galegos e galegas, pero mantemos firme o noso compromiso de seguir ao carón dos sectores que máis se resenten nesta pandemia”, aseverou.