O grupo de folk céltico Tor ofrecerá un concerto mañá, día 15 de xaneiro, no Liceo de Ourense. A actuación terá lugar no Salón Nobre, ás 20:00 horas, aínda que inicialmente estaba programada para celebrarse media hora máis tarde, ás 20:30 horas. As medidas restritivas que entran en vigor dende a media noite de hoxe e o adianto do toque de queda ás 22:00 horas foron os motivos que provocaron este cambio.
Nesta ocasión contaran con invitados especiais: Pancho Álvarez e Soco Rúa
A entrada terá un custo de 8 euros, con prezo reducido de 5 euros para os socios. O aforo estará limitado á normativa vixente da pandemia, polo que se pide que se fagan as reservas a través do teléfono 988 222 584.