O Carballiño mantén a feira de mañá, limitada a agro e alimentación

Ante a actual situación de pandemia e as novas restricións impostas, o Concello do Carballiño ven de tomar a decisión de reducir a feira deste sábado, día 16, aos produtos de agro e  alimentación. Así pois, as polbeiras e polbeiros tamén estarán presentes na feira.

Dende o Concello do Carballiño destacan que este modelo de mercado reducido xa foi executado con éxito noutras ocasións e que permite, aínda que de xeito reducido, que a economía non sufra tanto como o faría cunha cancelación completa. Recordan a obrigatoriedade do uso de máscara e de manter a distancia interpersoal, así como o uso de xel hidroalcohólico.

AVANTAR ACTIVIDADES