Como parte do Plan de Continxencia fronte a pandemia, o Sergas está aplicando o aprazamento de determinados actos quirúrxicos que permitan dmeora, coma a cirurxía con ingresos complexos que requiran postoperatorios e uso de cama en críticos. Deste xeito, as intervencións cuxa reprogramación non xere complicacións de saúde serán aprazadas. Esta medida será efectiva dende hoxe nas áreas sanitarias de Ferrol, Santiago e A Coruña, salvando aínda a actividade nas demais, aínda que as cifras continúan á alza en todas elas.
Pola contra, seguirán con normalidade as cirurxías oncolóxicas, urxentes, ambulatoria e o resto de procesos contemplados na Lei de garantías.