O Carballiño frea a tendencia á alza, baixando hoxe un caso activo ata os 40 contaxios

O Carballiño frea hoxe a cifra de contaxios. Nos últimos días os datos soben de xeito moderado, amosando preocupación. Hoxe as cifras descenden ata os 40, un menos ca onte. A comarca sobe os casos totais coma consecuencia, ascendendo ata os 55.

O foco preocupante, pola idade dos pacientes, segue na residencia da Virxe da Saleta, en San Cristovo de Cea, co segundo brote rexistrado neste centro que se iniciou xa fai preto dun mes. A día de hoxe presenta unha boa evolución, xa que mantén o total de seis.  

AVANTAR ACTIVIDADES

O Irixo e Maside soben un caso cada un, para contar con tres contaxiados en cada concello. Boborás mantén os dous casos de onte, igual que Punxín, que mantén un contaxiado. Beariz, Piñor e San Amaro son os únicos que se manteñen libres de coronavirus.