Acotío con Xulio Dobarro

No pasado mes de decembro, Xulio Dobarro presentaba no concello do Irixo un libro que recollía a toponimia e curiosidades do patrimonio deste municipio. A idea orixinal desta peza, con fins didácticos e que xa conta con iniciativas para desenvolver en centros educativos, partiu do seu autor e do que foi alcalde do Irixo, Manuel Penedo. Hoxe, Xulio Dobarro pasará polo noso espazo de entrevistas Acotío para falarnos en detalle da súa obra e contarnos tamén algunhas anécdotas de cómo foi a súa creación.