O BNG demanda explicacións ao presidente provincial ante a condena á Deputación de Ourense por adxudicacións “a dedo” e ante os numeros indicios de ilegalidade

Verela demanda coñecer que controis de legalidade sobre os procedementos de contratación adminstrativa da Deputación se realizaron ou se van realizar ante os numerosos indicios de ilegalidade observados xudicialmente. 

 O voceiro do grupo provincial do BNG na Deputación de Ourense, Bernardo Varela, ven de demandar explicacións e requerir toda a información existente ao actual equipo de goberno provincial e nomeadamente ao presidente, Manuel Baltar, ante a condena á Deputación provincial de Ourense de abonar 193.093€ a un particular por subminstro de bancos e marquesinas á Entidade Povincial, así como a remisión das acutacións ao Ministerio Fiscal a fin de investigar a eventual comsión dun delicto de prevaricación.

AVANTAR ACTIVIDADES

 Non é a primeira vez que o procedemento de contratación da Deputación Provincial de Ourense, presidida na altura polo Sr. Baltar Pumar, é obxecto dunha investigación xudicial de carácter penal por prevaricación administrativa.  No 2014 Baltar xa foi condenado  pola Audiencia Provincial a 9 anos de inhabilitación especial como autor criminalmente responsabel dun delito de prevaricación continuada pola contratación ilicita polo ente provincial de mais dun centenar de traballadores e traballadoras.

 “De conformidade co apreciado polo Xulgado Contencioso-Administrativo de Ourense semella que, a prevaricación continuada apreciada no seu día en materia de contratación de persoal, tamén atinxía a outros eidos da contratación da Deputación Provincial, como son os subministros de mobiliario.” indica Varela

 Ante esta situación reiterada, declara o voceiro nacionalista, queda patente que a Deputación provincial ao longo do tempo ten sorteado os procedementos legais de adxudicación, o que reflexa unha forma de actuar bordeando a lei que se ten perpetuado nesta institución que non fai máis que sementar dúbidas sobre outras adxudicacións discutibles e o que ten motivado que teñamos pedido un cambio nesta forma de proceder á hora de conceder contratos e subvencións cos cartos de toda a veciñanza ourensá.

 O voceiro provincial do BNG ademáis de demandar unha valoración do actual equipo de goberno e os expedientes administrativos referidos a este caso, ante os numeros indicios de ilegalidade, mesmo de transcendencia penal,  demanda coñecer  se o actual goberno da Deputación ten realizado algunha acción de control de legalidade sobre os procedementos de contratación adminstrativa da deputacion provincial, cales ten pensado realizar ou se o actual goberno se desentende do que acontece na administración do Ente provincial e consinte que se perpetue impunemente este proceder.