A Xunta de Galicia trasladará a partir de hoxe quipos de valoración da dependencia ás comarcas da provincia de Ourense para reforzar o traballo dos servizos sociais e tratar de reducir o tempo de espera das solicitudes. Unha iniciativa que se levará a cabo de xeito piloto durante seis meses e que, en función do seu impacto, poderá ser replicado por máis tempo.
Situarase un equipo en cada área xeográfica que atenderá a todos os concellos da zona, en Celanova, O Barco de Valdeorras, Xinzo de Limia, Verín, O Carballiño e Ourense.
As persoas que teñan solicitada unha valoración de dependencia serán citadas a través do teléfono 012 con anterioridade, e só terán que acudir á oficia aqueles cuxa mobilidade llo permita, o resto serán valorados no seu domicilio.