Espazo Común rexistra unha moción para que se modifican as bases das axudas da covid-19

A formación pide ó concello que se ofreza á cidadanía toda a información existente sobre a contratación da empresa que realizou as bases destas axudas e que se expliquen as causas do rexeitamento de 120 das 291 solicitudes. Ademais, queren que o goberno local se comprometa á elaboración urxente dunhas novas bases de cara á segunda convocatoria das axudas.

A formación asegura que a xestión destas axudas deixou moito que desexar e afirman que só 142.000 € foron aprobados como axudas directas, e moitos deles aínda nin sequera cobrados. É dicir, menos do 60 % do orzamentado para ese capítulo. Afirman que o plantexamento das axudas fixo que moitos non as solicitaran e que das 291 solicitudes, 120 foron denegadas, asegurando que moitas por motivos inaceptables. Piden que se faga unha modificación dos criterios establecidos nelas para que nesa segunda convocatoria que se está anunciando, os comerciantes poidan acceder a elas de forma sinxela e eficaz.