Ribadavia ascende ata os 48 casos esta fin de semana e Leiro estabiliza o brote da residencia

Ribadavia presenta hoxe o máximo da comarca, rexistrando 48 casos activos, 12 máis nesta fin de semana. O concello de Melón mantén os seis casos activos. Arnoia subiu nesta fin de semana dos 2 casos ata os 5; Beade tamén subiu dos tres casos ós 4 casos. Carballeda de Avia e Cortegada contan cun caso activo, Cenlle con dous e Castrelo de Miño con tres casos. Avión é o único concello que está libre de coronavirus.

O aumento no número de casos positivos en Covid-19 rexistrado en tan pouco tempo no concello de Leiro débese ao brote declarado no xeriátrico da localidade, que afecta a 32 persoas e que ascende no total do concello a 35.

AVANTAR ACTIVIDADES

A gran maioría dos casos activos son asintomáticos podendo confirmar por fontes autorizadas que a situación esta estable.

Solo houbo que hospitalizar a un dos primeiros casos por precaución xa que tiña previamente patoloxías relacionadas co aparato respiratorio.