Román Rodríguez subliña o valor histórico e cultural do epistolario entre Carvalho Calero e Otero Pedrayo recollido na obra ‘Polos camiños das horas’

12,00 h.- O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, acompañado do presidente do Parlamento, Miguel Santalices, e do presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, participará na presentación do epistolario de Carvalho Calero e Otero Pedrayo Polos camiños das horas. No Pazo do Hórreo. foto xoán crespo 15/01/2021

O conselleiro de Cultura participou na presentación deste volume impulsado pola Real Academia Galega co apoio da Xunta e do Parlamento de Galicia

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, participou este mediodía, no Pazo do Hórreo, na presentación do volume Polos camiños das horas, que recolle a correspondencia entre Ramón Otero Pedrayo e Ricardo Carvalho Calero, a quen se lle dedicou o pasado Día das Letras Galegas.

AVANTAR ACTIVIDADES

O titular de Cultura da Xunta subliñou a importancia deste libro na medida en que afonda na figura de persoeiros “imprescindibles” da literatura galega como foron Ricardo Carvalho Calero e Ramón Otero Pedrayo; e as 167 cartas que intercambiaron entre 1949 e 1974 recollidas neste volume “son documentos valiosísimos á hora de afondar na intrahistoria da literatura galega do século XX”, ao tempo que constatan “a boa relación que mantiñan” ambos. “Trátase dun traballo de gran valor para todos aqueles investigadores e estudosos da nosa cultura, e tamén para o conxunto da sociedade” e que “resulta fundamental para entender algúns fitos relevantes da nosa cultura” como foi a posta en marcha da editorial Galaxia ou o impulso da Cátedra de Lingua e Literatura Galega na Universidade de Santiago de Compostela, explicou Román Rodríguez.

Ademais do conselleiro, na presentación do epistolario tamén interviñeron Miguel Ángel Santalices, presidente do Parlamento de Galicia; Víctor Freixanes, presidente da Real Academia Galega (RAG); Victoria Carballo-Calero, filla de Ricardo Carvalho Calero; Henrique Monteagudo, académico da RAG e coordinador do volume, e Patricia Arias Chachero, unha das editoras do libro.

Polos camiños das horas é unha iniciativa da Real Academia Galega (RAG) no marco das homenaxes que se lle renden a Ricardo Carvalho Calero con motivo do Día das Letras Galegas 2020, e que conta co apoio da Xunta así como do Parlamento de Galicia.