Dende a medianoite de hoxe, Ribadavia pasará a nivel máximo de restricións

O comité elevou onte a nivel máximo a Vigo e Pontevedra, así como a 55 concellos máis, sumados ós 60 que xa o estaban dende o pasado venres, o que supón o 72% da poboación galega. Na área de Ourense trátase dos concellos de Celanova, Porqueira, Ribadavia, Trasmiras e Vilar de Santos.

Os cinco municipios únense á lista dos que xa estaban, que son Ourense, Barbadás, Allariz, Carballiño, Verín, Monterrei e Xinzo. No caso desta última, con 216 casos activos, o comité tomou a decisión de pechar completamente a hostalaría e suspender toda a actividade non esencial. Para o resto deles, a partir das 00:00 horas desta noite, entrarán en vigor as seguintes medidas: peche perimetral, reunións de máximo catro persoas non conviventes e prohibición de servicio no interior da hostalaría. Ademais, seguen vixentes para toda Galicia o toque de queda ás 22:00 horas, con posibilidade de adiantalo ás 20:00 horas nos próximos días e peche da hostalaría ás 18:00 horas.

AVANTAR ACTIVIDADES