A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de realizará un cribado poboacional selectivo aleatorio a 750 veciños e veciñas de Ribadavia para detectar casos positivos asintomáticos este venres, día 22, no edificio Alameda a partir das 15.00 horas, na procura de coñecer mellor a situación epidemiolóxica do municipio, onde se veñen incrementando os contaxios desde Nadal, con 54 casos positivos hoxe.
As persoas seleccionadas para a mostraxe, mediante test de antíxenos, serán convocados entre hoxe e mañá mediante unha mensaxe de SMS, na que se indicará a hora e lugar de realización da mostraxe.
Como é habitual a proba será voluntaria, non si, as autoridades sanitarias solicitan a todos e todas as veciñas convocadas a participar.