Avión facilita información ós veciños da nova valoración catastral

Nos últimos días, o concello detectou que estaban a chegar cartas do Catastro comunicando que se está a proceder a unha nova valoración de bens inmobles.  Para axudar ós veciños, o concello habilitou unha oficina de información na que lles informarán dos cambios que lles afectan e axudalos a preparar unha reclamación no caso de non estar conformes. A oficina estará ubicada dende o 25 de xaneiro e todo o mes de febreiro na Casa Roxa de Avión, de luns a venres de 09:00 horas a 14:00 horas e os martes e xoves pola tarde dende as 15:30 ata as 18:00 horas. Todos os trámites que se realicen nesta oficina serán gratuítos.