Feijóo califica de “frustación” que Sanidade rexeite adiantar o toque de queda ás comunidades autónomas

O ministro de Sanidade, Salvador Illa, descartou onte o adianto do toque de queda, como lle pediron varias comunidades autónomas, entre elas Galicia. O presidente Alberto Núñez Feijóo trasladou a súa petición de poder establecer este toque de queda ás 20:00 horas- establecido agora en Galicia ás 22:00 horas- ou incluso ter a opción de adiantalo ás 18:00 horas naquelas zonas nas que a incidencia está en cifras desbordadas.

O ministro asegurou que a petición será valorada, aínda que asegura que cas medidas das que se dispón agora mesmo, pódese dobregar a curva da pandemia. Fixo fincapé, tras recoller as situación das distintas comunidade, en que veñen días duros.

AVANTAR ACTIVIDADES

Pola súa parte, o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo tamén compareceu hoxe, destacando que haberá endurecemento das restricións nos próximos días. Feijóo referiuse tamén á vacina, reclamando máis doses para a súa dispensación.

Ademais, o titular galego respondeu á negativa de Sanidade de permitir o adianto do toque de queda ás comunidades, petición feita pola mayoría delas. Feojóo amosou a súa frutración ante esta negativa, asegurando que sería unha medida óptima para aquelas zonas que se atopan desbordadas de casos.