Inmobilizan a un camión en Ribadavia por exceso de peso

Unha patrulla do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Ourense, detectou, na tarde de onte,  circulando pola Autovía A-52, un vehículo articulado de nacionalidade portuguesa, cargado cunha notoria cantidade de troncos de madeira de pino. O camión dirixíase a Portugal e elevaba o contador da báscula ata os 58.700 kgs, sobrepasando con creces a masa máxima admisible para estos vehículos en España que se sitúa nas 40Tn.

O vehículo quedou inmobilizado na área de servicio de Ribadavia, e o seu propietario deberá descargar o exceso de mercancía sobrante e facer fronte á sanción de 4000€ imposta.

AVANTAR ACTIVIDADES