Bng de Ribadavia: moción en favor dun plan de rescate para a nosa hostalería

A hostelaría é un dos sectores máis afectados polas restriccións ás actividades como consecuencia da Covid, no que máis se visibiliza a situación de parálise da situación económica de moitos sectores e na que se focalizan as distintas medidas de restrición que vai decretendo a Xunta, que é a administración que toma as decisións sobre as restriccións ao exercicio da actividade da hostalería, desde que rematou o primeiro estado de alarma no pasado mes de xuño, no exercicio das súas competencias en materia sanitaria.

Apoiamos as medidas que se estimen necesarias para frear a pandemia, porque a mellor maneira de saír da crise económica é controlando o virus, agora ben, se se decreta o peche dun sector, -que é na práctica o que está pasando coas novas restricións-, ese sector ten que recibir axudas directas e inmediatas que compensen as perdas. A Xunta debe acompañar as restriccións anunciadas despois do Nadal co paquete de medidas económicas necesario para poder facer fronte á situación de peche da actividade hosteleira, e que concellos e deputacións participen nun plan de axudas a tres bandas no que cada quen realice o mesmo esforzo orzamentario e sempre desde a negociación.  

AVANTAR ACTIVIDADES

Por estes motivos propomos ao Pleno do Concello de Ribadavia a adopción do seguinte

ACORDO:

1.- Demandar da Xunta axudas inmediatas á hostalería pola redución/cese da súa actividade. 

2.- Colaboración da Xunta, Concellos e Deputacións nun fondo de medidas de impulso económico de axuda á hostelaría: Cada administración aportará a mesma porcentaxe do seu orzamento.

Para a aplicación deste fondo elaboraranse unhas bases consensuadas entre a Fegamp e a Xunta .