O Arenteiro volta á competición este domingo, enforntándose ó C.D. Choco

IES CHAMOSO LAMAS

Logo do episodio de coronavirus que afectou a nove persoas tanto xogadores coma do equipo técnico, o Arenteiro xa voltou ós adestramentos esta semana. Ademais, anunciou que volverá a competir este domingo día 24, autorizados pola Real Federación Española de Fútbol. Ante as condicións nas que segue o campo do Espiñedo, os verdes xogarán no campo da Regueiriña, sen público dentro das instalacións. O partido será a porta pechada, ás 16:15 horas.