O concello de Cea pide colaboración evitando o depósito de lixo inapropiado nos contedores

O concello asegurou que se segue a comprobar que en determinados contedores ou o seu carón deposítanse, de xeito inapropiado, refugallos de obra e outros enseres que non poden ir nestes recipientes.

Por solidariedade e respecto piden ós veciños que usen de forma correcta os contedores (verde para orgánicos, amarelo para envases, azul para papel e iglú verde para vidro). Para refugallos e voluminosos informan de que está o Punto Limpo, que tras aviso no concello (98828200), recollen estes enseres a domicilio, sendo ademais un servizo totalmente de balde.

AVANTAR ACTIVIDADES