Ribadavia baixa hoxe tres casos ata os 53, logo dunha semana de suba pronunciada

O aumento no número de casos positivos en Covid-19 rexistrado en tan pouco tempo no concello de Leiro débese ao brote declarado no xeriátrico da localidade, que afecta a 68 residentes e 15 traballadores. Ante esta situación e representando o máximo da comarca, a Xunta tomou hoxe a decisión de intervir o centro.  Un equipo da Consellería de Política Social está xa desprazado no centro para facer un seguimento permanente sobre a situación dos residentes, así como para vixiar a correcta aplicación das medidas de prevención, seguridade e hixiene.

Ribadavia presenta hoxe 53 casos activos, tres casos menos ca onte e logo de encadear máis dunha semana de subida pronunciada de contaxios. O concello de Melón sobe hoxe ata os 8 casos activos e Beade baixa un ata os tres contaxios. Arnoia sobe hoxe ata os 6 e  Carballeda de Avia, Cortegada e Castrelo de Miño contan cun caso activo cada un; Cenlle conta con dous e Avión é o único concello que está libre de coronavirus.

AVANTAR ACTIVIDADES