A hostalaría a piques de ter que volver a prescindir das terrazas. O comercio non esencial tamén se adapta á nova situación

O sector hostaleiro do Carballiño está ó límite, afrontando un segundo peche case total do seu servicio e á espera de aplicar as medidas anunciadas pola Xunta hoxe. Consideran que sobrevivir cun negocio no inverno a partir das terrazas é moi complexo. Consideran que os casos que se levan rexistrado na hostalaría son mínimos e que se están centrando todas as medidas en pechar a súa actividade, asegurando que é hora de comezar a protestar polo que están tendo que asumir.

En canto ó resto do comercio, a maioría de locais aseguran que as medidas que limitan a hostalaría repercuten na súa actividade, mermando a presenza de xente nas rúas logo das 18:00 horas. En cambio, un dos sectores que mellor resiste é o das florerías, a pesar da limitación da celebración de eventos de cara á primavera. As dúbidas en canto a que se aplique un peche de toda a actividade que non sexa esencial están no aire. Moitos sectores pregúntanse como afrontarán esas circunstancias. Algúns resistirán ofrecendo un servizo a distancia e traballando a porta pechada. Outros terán que paralizar a súa actividade por completo.

AVANTAR ACTIVIDADES