DIRECTO. O presidente da Xunta eleva a toda Galicia ó nivel máximo de restricións

O presidente da Xunta de Galicia, Albeto Núñez Feijóo, compareceu neste mediodía para dar conta das medidas acordadas polo comité clínico que estuda o avance da pandemia en Galicia.

As medidas tomadas afectarán a toda Galicia, que queda elevada ó nivel máximo de restricións na súa totalidade. Estas medidas estarán en vigor durante tres semanas, dende o 27 de xaneiro ata o 17 de febreiro. As medidas que entrarán en vigor serán as seguintes:

AVANTAR ACTIVIDADES
  • Peche total da hostalaría, salvo servicio para levar.
  • As interaccións sociais quedan limitadas a persoas conviventes.
  • Reducción de mobilidade fora dos concellos salvo por traballo, educación e sanidade.
  • O toque de queda mantense ás 22:00 horas.
  • O comercio esencial poderá abrir en horario habitual e o non esencial so poderá estar aberto ata as 18:00 horas.
  • Os centros comerciais deberán pechar os fins de semana.
  • A práctica deportiva está restrinxida á práctica ó aire libre, individual e no propio concello.
  • Pechan os ximnasios.
  • Peche total de centros sociais, museos, bibliotecas ou establecementos culturais e de espectáculos.
  • A educación universitaria reanudará as clases de xeito presencial o 8 de febreiro. A educación non universitaria continúa ca súa actividade.