Un incendio nun camión obriga a pechar ambos sentidos de circulación no túnel do Folgoso (A Cañiza)

Un incendio declarado a primeira hora desta mañá nun camión nas inmediacións do túnel do Folgoso obrigou a facer cambios na circulación. Nestes momentos, os bombeiros están apagando o lume e procederán á retirada do vehículo. O conductor resultou ferido leve, con queimaduras nunha man. Nas actuacións están traballando o GES de Ribadavia e os Bombeiros de Ponteareas.

Nestes intres están pechados ambos sentidos de ciruclación. En sentido decrecente a causa do camión dentro do túnel e en sentido crecente polos traballos de extinción. Dúas patrullas de motoristas de Ourense participan, xunto cas de Pontevedra, establecendo o desvío e regulando a circulación.

AVANTAR ACTIVIDADES