A Escola de Ciclismo do Carballiño anuncia o cese temporal das clases polas novas restricións

IES CHAMOSO LAMAS

Debido ás novas restricións aprobadas pola Xunta de Galicia, a escola de ciclismo anuncia a suspensión da súa actividade. Recordamos que as medidas indican que so se permite o deporte individual ó aire libre, co consecuente peche dos ximnasios e instalacións deportivas agás nas que se realizan adestramentos ou competicións de caracter nacional.

Dende a organización do club de ciclismo consideran que estas medidas son desmesuradas en canto á práctica deportiva, afirmando que esta é unha máxima para garantir un mellor estilo de vida e que non son as que concentran os contaxios.

HIPER MASIDE