O Carballiño cancela o Entroido e instalacións culturais. Ribadavia a Casa da Cultura e a Oficina de Turismo

Unha das celebracións máis próxima e multitudinaria é a do Entroido, que este ano debería celebrarse a mediados do mes de febreiro. Algúns concellos coma o de Ourense, cuxas actividades reclaman a poboación de toda a provincia e de fora, xa foron canceladas fai varias semanas. Nestes días foi o concello do Carballiño quen se pronunciou e dende a área de Cultura aseguran que a idea de meses atrás era a cancelación completa das actividades por precaución. Onde si se fará algunha pequena iniciativa será nos centros educativos, onde xa teñen protocolos de actuación que lles permiten manter actividades por grupos.

En canto as cancelacións culturais, o Casino do Carballiño tamén anunciou onte que a partir de hoxe pechan as súas portas e cancelan as actividades, esperando poder retomar a normalidade o antes posible.

AVANTAR ACTIVIDADES

En Ribadavia tamén se tomaron medidas de carácter cultural, coma o peche definitivo das instalacións da Casa da Cultura e Biblioteca Municipal, o conservatorio e a escola de música e a oficina de turismo.