O PSOE de Ribadavia critica que o goberno local non presentara aínda os orzamentos

Os socialistas lembran que levan insistindo desde maio, cando facilitaron e aprobaron os anteriores orzamentos, en pórse a traballar canto antes para elaborar os de 2021. Dende o Grupo Municipal Socialista recordan que no pasado ano facilitaron os orzamentos e apoiaron as modificacións orzamentarias e as liñas de axudas para loitar contra a crise económica provocada pola pandemia do coronavirus. 

O voceiro socialista, Ignacio Gómez destaca que “non pode ser que o alcalde non sexa capaz de presentar nin un borrador de orzamentos, nin de chamar a oposición para plantexarlle os mesmos”. Para Gómez esta situación é culpa da “falta total de xestión e planificación” e critica que non se consiga maior financiación de entidades coma a Deputación e a Xunta.  

AVANTAR ACTIVIDADES

Pola súa parte, o alcalde, César Fernández, informou que estas contas levaranse ó pleno en febreiro, e que levan traballando nelas dende o mes de novembro.