Manuel Baltar: “O municipalismo español está confinado por un Goberno que non apoia as reivindicacións das entidades locais”

Videoconferencia Manuel Baltar con membros da FEMP.

O presidente da Deputación de Ourense lamento, ao termo da Xunta de Goberno da FEMP, celebrada hoxe, que deputacións e concellos “sigan sen recibir un só euro do Estado, coa grave situación sanitaria, económica e social que estamos a vivir”

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, expresou hoxe, ao termo da reunión telemática da Xunta de Goberno da FEMP, que o municipalismo español “está confinado polo goberno de Pedro Sánchez, que non apoia as reivindicacións das entidades locais”. Baltar lamentou que deputacións e concellos “sigan sen recibir un só euro extra do Estado, nin en 2020 nin no que vai de 2021, coa grave situación sanitaria, económica e social que estamos a vivir”.

AVANTAR ACTIVIDADES

Na dobre reunión de hoxe da FEMP -a sesión extraordinaria para analizar as consecuencias da borrasca Filomena e a sesión ordinaria correspondente a xaneiro de 2021- debatéronse as posibles medidas a adoptar polos efectos causados polo temporal e tamén se deu conta de diferentes convenios de colaboración da FEMP no ámbito tecnolóxico, da Igualdade e académico, así como aspectos de política ambiental, ética e bo goberno, así como a axenda de convocatorias internacionais.

Manuel Baltar criticou “que se considere extraordinaria unha reunión para tratar os efectos dun temporal ocorrido hai dúas semanas, exemplo da pouca celeridade e a decepción que sentimos, porque unha reunión denominada “extraordinaria” debe ter carácter urxente”, e en canto á reunión ordinaria “púxose de manifesto unha vez máis que non habido nin un euro extra do Estado para concellos e deputacións con motivo da pandemia, axudas que tampouco contemplan os orzamentos de 2021”, afirmou, engadindo neste sentido que as emendas que enviou a FEMP ás devanditas contas “non se tiveron en conta polo Goberno, sendo a primeira vez que isto ocorre”.

Baltar remarca o feito de que as comunidades autónomas recibisen 16.000 millóns de euros para atender cuestións relacionadas con COVID-19, mentres que os concellos e os gobernos provinciais, cero euros”. #Ante isto, reclama “un cambio de actitude por parte do presidente da FEMP; debe ser máis reivindicativo, porque esta non pode ser unha Federación totalmente #cativo e confinada polos intereses do Goberno do Estado”.

“O confinamento de municipalismo español por parte de Pedro Sánchez é unha evidencia, e non habido signos de achegamento, algo que é unha necesidade e unha obrigación. Nunca se viviu unha situación como esta de tanto desprezo institucional -critica Baltar-, porque se hai unha administración de referencia, que está á beira do cidadán e á cal este lle esixe unha resposta inmediata, esa é a local, os concellos”.

O presidente da Deputación reclama tamén unha “interlocución directa” á hora de xestionar os fondos comunitarios extraordinarios que a Unión Europea vai destinar; “non podemos entrar nesta envolvente que fixo que non percibísemos un euro extra do Goberno e que pode facer que tampouco teñamos nin un euro deses fondos comunitarios aprobados dentro do ámbito da UE para que os cidadáns sintan o apoio das institucións”. “A FEMP -engade- perdeu peso e valor coa actual maioría que goberna a federación, e é unha pena que isto se produza no peor momento para a economía, a poboación e para as administracións públicas en España”.