Ribadavia presenta hoxe o descenso máis acusado, con 12 casos menos de covid-19

O brote declarado no xeriátrico de Leiro afecta a case todos os residentes e 15 traballadores. Ante esta situación e representando o máximo da comarca do Ribeiro, a Xunta tomou o pasado venres a decisión de intervir o centro. Case todos atópanse asintomáticos e dende o centro aseguran que a situación está estable. A residencia ten que lamentar hoxe o falecemento de dúas mulleres, unha delas ingresada no CHUO e a outra na propia residencia. A totalidade do concello ascende hoxe ata os 82 casos activos, tres máis ca onte.

Ribadavia presenta hoxe 44 casos activos, doce menos ca na xornada de onte. O concello de Melón baixa dos 9 casos activos de onte ós 8 de hoxe. Arnoia mantense estable nos seis casos. Beade mantén os tres contaxiados. Cenlle, subía onte ata os tres casos e hoxe sobe dous máis ata os 5. Avión mantén dous contaxios, igual que Cortegada. Cun so caso activo atópase Carballeda de Avia e Castrelo de Miño.

AVANTAR ACTIVIDADES