A Xunta inviste 130.000 euros en obras de humanización en Alvite

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, visitou o concello ourensán de Beariz para comprobar o resultado das obras de humanización acometidas no núcleo de Alvite grazas a un convenio de colaboración asinado entre o seu departamento e o Goberno local.

Concretamente, a responsable autonómica explicou que a zona da intervención é unha aldea singular que nos últimos anos experimentou un gran pulo e desenvolvemento desde o punto de vista social, demográfico e mesmo turístico.

AVANTAR ACTIVIDADES

Cun investimento superior aos 130.000 euros, a responsable autonómica enmarcou a actuación en Alvite dentro do chamado Plan Hurbe, un programa impulsado pola Xunta hai unha década para apoiar ás entidades locais.