O Bng de Leiro pide que se cubra, coa maior urxencia, a praza de médico do Centro de Saúde

BNG de Leiro insta ao Alcalde de Leiro a que pida á Xunta de Galicia que se cubra, coa maior urxencia, a praza de médico do Centro de Saúde de Leiro, que ficou sen cobertura por mor da baixa laboral do seu ocupante.

Desde o BNG entendemos que a poboación de Leiro ten, como é característico na nosa comarca, unha taxa de poboación avellentada, que ten como consecuencia a necesidade dun uso máis asiduo do noso centro de saúde. Máis ainda, compre recordar que Galiza atravesa una preocupante evolución da pandemia da COVID-19, co que é máis preciso ainda ter unha atención primaria ben dotada, próxima e con persoal suficiente.

AVANTAR ACTIVIDADES

Desde o BNG entendemos que o goberno de Leiro, co seu alcalde á cabeza, non pode porse de perfil diante desta problemática e exiximos que se inste á Xunta de Galiza a que se cubra esta vaga de forma urxente.

Alén disto, desde o grupo parlamentario do BNG no Parlamento de Galiza, veñen de ser rexistradas unha serie de preguntas ao conselleiro de Sanidade en relación a esta problemática. Queremos saber se a Xunta de Galiza ten pensado cubrir esta baixa e en que prazos.

Por último, consideramos que éste e un reflexo máis das políticas do Partido Popular. Baseadas no ataque sistémico ao servizos públicos do rural galego. Porén, desde o BNG non vamos permitir que os nosos concellos e parroquias fiquen sen uns servizos dignos, públicos e de calidade.