O delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese co alcalde da Gudiña

IES CHAMOSO LAMAS
  • Gabriel Alén tivo a ocasión de repasar xunto ao seu rexedor temas prioritarios para o municipio en materia de medio ambiente e infraestruturas turísticas

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, continúa coa súa rolda de encontros institucionais tras tomar posesión como novo representante da administración autonómica na área territorial.

Nesta ocasión, reuniuse co alcalde do concello da Gudiña, José María Lago, co que analizou as principais demandas deste municipio en relación á administración autonómica.

HIPER MASIDE

Gabriel Alén tivo a ocasión de repasar xunto ao seu rexedor temas prioritarios para o municipio en materia de medio ambiente e infraestruturas turísticas. O  alcalde reiteroulle a importancia da Vía da Prata como un dos máis importantes itinerarios xacobeos, que acadará unha maior relevancia trala chegada do AVE a Galicia, cuxa primeira estación será a da Gudiña.

Pola súa banda, o delegado territorial da Xunta comprometeuse, cando as medidas sanitarias o permitan, visitar o concello e comprobar as obras dunha senda peonil que mellorará a accesibilidade á nova estación do AVE, e na que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade inviste máis de 48.000 euros.