Nota do Bng sobre a non resposta do alcalde ás preguntas que se lle formulan no pleno municipal

Diante da pregunta sobre se o alcalde realizou un test no cribado do 22 de xaneiro sen ser citado por Sanidade, e que realizou o PSOE no pleno do Concello deste pasado xoves, reiteramos o xa manifestado pola nosa portavoz no propio pleno: esa pregunta debe ser contestada.

Manifestarse dous días despois nun xornal é un desprezo á veciñanza representada na pluralidade do pleno municipal.

AVANTAR ACTIVIDADES

Cando se trata de recursos públicos e de cargos públicos e máis aínda en emerxencia sanitaria, a cuestión non se reduce a un ámbito privado se non que se cuestiona a obriga de todo cargo público de manter unha conducta exemplar para a sociedade, tamén contestando aos representantes da cidadanía onde corresponde.