A Deputación de Ourense aproba a ordenanza de teletraballo para os empregados públicos

Pleno ordinario da Deputación Ourense desenvolto telematicamente pola situación Covid en que está Galicia. Asisten Manuel Baltar (Presidente Deputación); Rosendo Fernández (VicePresidente 1º); Armando Ojea Bouzo (VicePresidente 2º); Placido Álvarez Dobaño (VicePresidente 3º); Jorge Pumar (Deputado PPOU); Luz Doporto Real (Deputado PPOU); Álvaro José Fernández López (Deputado PPOU); Consuelo Vispo Seara (Deputado PPOU); Patricia Torres Madureira (Deputado PPOU); Cesar Fernández Gil (Deputado PPOU); Pablo Pérez Pérez (Deputado PPOU); Ana María Villarino Pardo (Deputado PPOU); Miguel Antonio Cid Álvarez (Deputado PPOU); Rafael Rodríguez Villarino (Deputado PSOE); José Ignacio Gómez Pérez (Deputado PSOE); Elvira Lama Fernández (Deputado PSOE); Diego Fernández Nogueira (Deputado PSOE); Susana Rodríguez Estévez (Deputado PSOE); Rosario Rodríguez Delgado (Deputado PSOE); Margarita Pérez Fernández (Deputado PSOE); Álvaro Vila Araujo (Deputado PSOE); Aurentino Alonso Araujo (Deputado PSOE); Montserrat Lama Novoa (Deputado CS); Jose Miguel Caride Domínguez (Deputado DO); Bernardo Varela López (Deputado BNG), Mónica Legaspi (Interventora Deputación Ourense) e Juan Marquina (Secretario Deputación Ourense).

 O pleno ordinario da Deputación de Ourense, celebrado hoxe, por vía telemática por mor das medidas de prevención do COVID-19, aprobou inicialmente a ordenanza reguladora da prestación de servizos en réxime de teletraballo para os empregados públicos da Deputación. A finalidade desta regulación é contribuír á modernización da administración provincial mediante un mellor desempeño do posto de traballo a través das novas tecnoloxías, favorecendo a conciliación da vida profesional, persoal e familiar a través da flexibilidade para realizar o traballo desde o domicilio, conseguindo un maior grao de satisfacción laboral sen diminución da calidade do servizo. A ordenanza será de aplicación a todas as persoas empregadas públicas da Deputación que desenvolvan un traballo susceptible de ser realizado vía teletraballo. 

Na sesión plenaria de hoxe tamén aprobou a incorporación da Deputación de Ourense ao Eixo Atlántico, unha adhesión que reforzará ao territorio ourensán na eurorrexión Galicia-Norte de Portugal ao integrase a Deputación no lobby máis importante de cooperación transfronteiriza España-Portugal. A finalidade desta entidade é o desenvolvemento económico, social, cultural, tecnolóxico e científico dos territorios que o constitúen, mediante a vertebración do territorio común. 

AVANTAR ACTIVIDADES

Este espazo eurorexional integra as seguintes cidades e entidades: A Coruña, Barcelos, 

Braga, Bragança, Carballo, Eurocidade Chaves-Verín AECT, Ferrol, Guimarães, Lalín, 

Lugo, Macedo de Cavaleiros, Maia, Matosinhos, Mirandela, Monforte de Lemos, Narón, O 

Barco de Valdeorras, O Carballiño, Ourense, Paredes, Peso de Régua, Pontevedra, Porto, Riveira, Santa Maria da Feira, Santiago de Compostela, Sarria, Valongo, Viana do Castelo, Vigo, Vila do Conde, Vila Nova de Famalicão, Vila Nova de Gaia, Vila Real, Vilagarcía de Arousa e Deputación de Lugo. 

Acordos do pleno: 

Teletraballo 

Acordo: 

Aprobación inicial da Ordenanza reguladora da prestación de servizos en réxime de teletraballo polas persoas empregadas públicas da Deputación Provincial de Ourense. A finalidade desta regulación é contribuír á modernización da administración provincial mediante un mellor desempeño do posto de traballo a través das novas tecnoloxías. 

Eixo Atlántico 

Acordo: 

Aprobar a adhesión da Deputación Provincial de Ourense ao “Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular”. O acordo contempla designar como represente da Deputación Provincial de Ourense na Asemblea Xeral do Eixo Atlántico ao presidente da Deputación ou deputado/a en quen delegue, e aprobar o gasto correspondente ao pagamento da cota anual fixada na cantidade de 30.000 euros (sen prexuízo de que no ano 2021, e con carácter excepcional dada a crise e a previsible baixada dos ingresos municipais, a cota que será emitida será pola metade deste valor, 15.000 €.) 

Recadación Concello de Montederramo 

Acordo: 

Delegación do Concello de Montederramo na Deputación Provincial de Ourense do exercicio das competencias de xestión, liquidación e recadación en voluntaria e executiva e revisión de actos dos actos ditados da taxa polo abastecemento do dito concello. 

Recadación Concello da Peroxa 

Acordo: 

Delegación do Concello da Peroxa na Deputación Provincial do exercicio das competencias de xestión, liquidación e recadación en voluntaria e executiva e revisión de actos de tributos e outros ingresos de dereito público. 

Modificación de créditos 

Acordo: 

Expediente de modificación dos créditos orzamentarios do orzamento do exercicio 2021 mediante a concesión dun crédito extraordinario e da modificación das bases de execución do orzamento n.º 1/2021 cos seguinte conceptos: 

-Desenvolvemento empresarial. Préstamo a longo prazo: 498.349,67 €. 

-Cambio de obxecto de subvención para o Concello da Merca, pasando a denominarse: “Arranxo do bombeo da ETAP de Rubillós no Concello da Merca”. Importe: 35.000 €. 

Plan Provincial 

Acordo: 

Rectificación do acordo plenario de aprobación inicial do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos municipais e da rede viaria provincial do exercicio 2021. Acordar a inclusión no plan provincial de cooperación ás obras e servizos municipais e da rede viaria provincial do exercicio 2021, tanto principal coma complementario, das actuacións 

solicitadas en tempo e forma polos concellos de Leiro, Manzaneda, Ourense, San Xoán de Río e Vilar de Barrio, resultando o seguinte cadro de financiamento: 

Pleno ordinario da Deputación Ourense desenvolto telematicamente pola situación Covid en que está Galicia. Asisten Manuel Baltar (Presidente Deputación); Rosendo Fernández (VicePresidente 1º); Armando Ojea Bouzo (VicePresidente 2º); Placido Álvarez Dobaño (VicePresidente 3º); Jorge Pumar (Deputado PPOU); Luz Doporto Real (Deputado PPOU); Álvaro José Fernández López (Deputado PPOU); Consuelo Vispo Seara (Deputado PPOU); Patricia Torres Madureira (Deputado PPOU); Cesar Fernández Gil (Deputado PPOU); Pablo Pérez Pérez (Deputado PPOU); Ana María Villarino Pardo (Deputado PPOU); Miguel Antonio Cid Álvarez (Deputado PPOU); Rafael Rodríguez Villarino (Deputado PSOE); José Ignacio Gómez Pérez (Deputado PSOE); Elvira Lama Fernández (Deputado PSOE); Diego Fernández Nogueira (Deputado PSOE); Susana Rodríguez Estévez (Deputado PSOE); Rosario Rodríguez Delgado (Deputado PSOE); Margarita Pérez Fernández (Deputado PSOE); Álvaro Vila Araujo (Deputado PSOE); Aurentino Alonso Araujo (Deputado PSOE); Montserrat Lama Novoa (Deputado CS); Jose Miguel Caride Domínguez (Deputado DO); Bernardo Varela López (Deputado BNG), Mónica Legaspi (Interventora Deputación Ourense) e Juan Marquina (Secretario Deputación Ourense).
 PLAN PROVINCIAL DE COOPERACIÓN E ESTRADAS  
 DEPUTACIÓN CONCELLOS TOTAL 
1.- Obras municipais 3.258.135,75 € 1.129.247,08 € 4.387.382,83 € 
2.- Adhesión á base 9ª 1.252.364,25 €  1.252.364,25€ 
2.- Rede Viaria Deputación 1.500.000,00 €  1.500.000,00 € 
TOTAL 6.010.500,00 € 1.129.247,08 € 7.139.747,08 € 
                                                                                                            PLAN COMPLEMENTARIO  
 DEPUTACIÓN     CONCELLOS TOTAL 
Obras municipais 2.056.000,00 €          146.114,90 € 2.056.000 € 
Rede Viaria Deputación 6.315.296,00 €  6.315.296,00 € 

Antitransfuguismo 

Acordo: 

Manifestar a adhesión da Deputación de Ourense ao Pacto Antitransfuguismo e ao Pacto pola estabilidade institucional así como á Declaración Institucional da FEMP do 16 de decembro de 2020, na que se destaca a ampliación da definición de tránsfuga e reforzan as facultades de actuación fronte ás persoas que incurran en prácticas tránsfugas, para a súa aplicación aos membros das entidades locais. 

Aparcadoiro CHUO 

Acordo: 

1.- Que a Deputación de Ourense habilite prazas de aparcamento libres e gratuítas no aparcadoiro da súa titularidade situado na contorna do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), destinadas a persoas que estean a recibir tratamentos médicos para enfermidades crónicas ou de longa duración. 

2.- Instar á Xunta de Galicia a que habilite prazas de aparcamento libres e gratuítas no aparcadoiro da súa titularidade situado nos sotos do Hospital Universitario do Complexo Hospitalario de Ourense (CHUO), destinadas a persoas que estean a recibir tratamentos médicos para enfermidades crónicas ou de longa duración. 

Sector Agroalimentario 

Acordo: 

1.- Deseñar, coordinadamente con outras administracións públicas e co sector privado, a implantación na provincia de Ourense dun parque empresarial exclusivamente vinculado ao sector agroalimentario. 

2.- Instar ao presidente da Deputación de Ourense a que cumpra o estipulado no punto 21, artigo 61 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das entidades locais, como tamén o recollido na letra n, punto 1 do artigo 34 da Lei de Bases do Réxime Local, nos que se indican, entre as funcións do residente da Deputación, “facer cumprir os acordos da Deputación”, con especial atención a todos aqueles que contaron con apoio unánime.